EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Catas de viños da Ribeira Sacra en Madrid

Desenvolveranse no marco da campaña “Sabores de Galicia”, que está a percorrer a xeografía española

Botellas de viño da D.O Ribeira Sacra.
Botellas de viño da D.O Ribeira Sacra.

As singularidades dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dacabalo entre as provincias de Ourense e Lugo, daranse a coñecer na capital española nunha cata comentada que se enmarca na campaña itinerante “Sabores de Galicia”, que está a percorrer dende hai unhas semanas a xeografía española co fin de promocionar os produtos galegos de calidade.

Unidade móbil da campaña Sabores de Galicia.
Unidade móbil da campaña Sabores de Galicia.

A unidade móbil desta campaña estará instalada en Madrid os días 25 e 26 de maio na explanada do Bernabeu e as catas comentadas dos viños da D.O. Ribeira Sacra celebraranse a partires das cinco da tarde.

Esta campaña seguirá a desenvolverse por outros puntos do país ata o vindeiro 18 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button