OurenseÚltima hora

A Catedral de Ourense busca mellorar a visibilidade do seu patrimonio

Imaxe da Catedral de San Martiño de Ourense.
Imaxe da Catedral de San Martiño de Ourense.

A Catedral de Ourense súmase ao conxunto de templos que en España apostan por ofrecer outro tipo de visitas aos turistas. Así, o Cabildo vén de contratar os servizos da empresa Arti Splendore co obxectivo de incrementar a visibilidade do patrimonio deste complexo arquitectónico, á par que mellora o seu sostemento.

Arti Splendore é unha firma experta na xestión turística de monumentos que potencia os servizos de audioguías e grupos guiados, entre outros, para incrementar as visitas de turistas. Non obstante, dende a catedral lanzan unha mensaxe de tranquilidade e aseguran que os cidadáns e os devotos non se verán afectados por esta estratexia.

 

Artigos relacionados

Back to top button