DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Catro vitorias para o Peña Trevinca Barco na III Xornada de Orientación San Clodio

Máis de cen deportistas participaron na cuarta proba da liga organizada polo club valdeorrés

Pouco a pouco vanse sucedendo as probas da liga de orientación organizadas polo Club Peña Trevinca Barco. Primeiro a Indoor, despois a Indoor nocturna, a do Salgueiral (no Barco), e agora tocoulle o turno a III Xornada de Orientación das Festas de San Clodio que tiña lugar o domingo 13 de agosto na Praia Fluvial da localidade lucense.

Máis de cen deportistas participaban nesta IV proba da liga, contando o correliña dos cativos. Con respecto aos resultados por categorías, en benxamín os gañadores foron Victoria Da Silva e Paco Louvard (San Clodio); en alevín venceron Cristina Aira Vaz e Martín Xavier Flores Rodríguez (independentes); en infantil, Cristina Neta Pérez e Iago Trigo Vázquez (O Barco Trevinca); en cadete, Milagros M. Aller Pfirter (O Barco Trevinca) e Esteban Louvard López (San Clodio); en sénior, Eugenia Chystyakova Beketo (Madrid Maximus) e Xan M. Trigo Recarey (O Barco Trevinca); e en veteranos, María Montserrat Vaz e Juan José Vázquez Araujo (independentes), e Manuel López Potin (San Clodio).

Despois desta e a falta da proba que se celebrará no Malecón do Barco de Valdeorras en setembro, o orientadores do Club Peña Trevinca Barco lideran varias categorías do ránking: Martina Aller en prebenxamín feminino, Mailén Aller en benxamín feminino, Paula Moreiro en infantil feminino, Milagros Aller e Raúl Nogueira en cadete feminino e masculino, Salvador Álvarez en sénior masculino e Mercedes Cáceres en veterano feminino.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button