CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CCA Ourense Centro e a Obra Social “La Caixa” forman a persoas en risco de exclusión

O curso terá unha duración de 120 horas de formacións técnicas e 80 horas de prácticas profesionais en empresas asociadas ao Centro Comercial
Os cursos levaranse a cabo no punto de formación Incorpora de Ourense.

O presidente da asociación Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luís Rivera, inaugurou na mañá de hoxe, 25 de setembro, o curso formativo de Actividades Básicas de Dependente de Comercio no Punto Formativo “Incorpora” de Ourense.

Grazas á colaboración do CCA Ourense Centro e a Obra Social “La Caixa”, unha vintena de persoas en risco de exclusión da comarca poderán recibir formación adaptada e realizar prácticas profesionais en empresas asociadas. A través desta acción “o CCA pon en marcha unha nova liña de responsabilidade social no marco do programa Incorpora para o fomento do emprego de colectivos vulnerables, ao que a asociación empresarial leva adherida dende o 2012”, apuntan dende o CCA.

O curso abrangue un total de 120 horas de formación en competencias técnicas específicas para a actividade comercial. Por último, o alumnado realizará un total de 80 horas de prácticas profesionais en empresas asociadas ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro.

Este punto formativo Incorpora ten o obxectivo de aumentar as posibilidades de encontrar un traballo ás persoas usuarias do programa Incorpora de “La Caixa”, que en Galicia coordina a ONG IGAXES3.

Este punto deseña a súa oferta formativa en función da demanda empresarial de cada territorio, centrándose nos perfís máis demandados polo empresario local. Esta adaptación facilita a contratación posterior das persoas formadas, xa que a súa preparación está optimizada para atender ás necesidades da empresa e do posto específico.

Nestas accións priorízase o empoderamento da persoa e o desenvolvemento de competencias transversais (autocoñecemento, traballo en equipo, adaptabilidade, xestión do tempo, etc.) ao longo de todo o proceso.

Artigos relacionados

Back to top button