DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Arenteiro comeza unha nova etapa en terceira división

A presentación do plantel para a tempada 217/2018 tiña lugar na tarde do 18 de xullo no campo de Espiñedo

Parece que os equipos ourensáns puxéronse dacordo para presentar as equipos que loitarán por defender o seu posto en terceira división. Polo menos no que respecta ao CD Barco que se presentaba en Calabagueiros, á UD Barbadás nos Carrís e ao CD Arenteiro en Espiñedo, na tarde do 18 de xullo.

A diferenza dos outros dous que xa levan varias tempadas consecutivas, o Arenteiro regresa á terceira división despois de vintetrés anos. É pois unha campaña que afrontan con ilusión e compromiso, pero tamén conscientes de que será un ano complicado e de grandes retos.

Para afrontalo, o conxunto verdibranco do Carballiño apostou pola renovación de boa parte do plantel que o levou a conseguir o ascenso (Marcos Vilachá, Rubén Arce, Adrián Padrón, Martín Sánchez, Carlos de Dios, Dani Chimpín, Saúl, Pachi, Álex Bardelás, Pana, Maxi, Iván Portos e Adrián Pol) reforzando o equipo con novas incorporacións que darán solidez ao conxunto como a de Adil Soudassi, Borja, Brais Vidal, Íker Hurtado e Ígor Servivas, entre outras.

Durante a presentación tanto o presidente, Xan Pinal como o adestrador, Manel Vázquez tiveron unhas palabras de agradecemento tanto á afección como aos xogadores. De seguido, comezaba o primeiro adestramento da tempada 2017/18.

 

Artigos relacionados

Back to top button