As diferentes xeracións de amigos de Viana do Bolo acostuman xuntarse para cear durante as festas patronais desta vila ourensá. Converteuse xa nunha tradición máis. É o caso da xeración dos nacidos en 1974 que foron xuntos ao colexio. Dende hai xa catro anos quedan para cear nestas datas de verán co fin de “celebrar, comer e recordar boas festas. Creamos un grupo e, a base de indatar, contactamos con xente que había máis de 30 anos que non viamos”, contan.
A súa cea tiña lugar o 15 de agosto no mesón A Nosa Casa. Tamén nesa noite celebraban a súa cea un grupo de compañeiros nacidos en Viana no ano 1972 e outro grupo de amigos que se xuntan durante as festas dende hai máis de dez anos.
Fotos: Cristina Fernández
As catro primeiras fotos da galería son da cea da xeración de 1974, a seguinte da cea da xeración de 1972 e a última dun grupo de amigos.