CulturaCulturaÚltima hora

Cea-homenaxe a Aurelio Blanco Trincado, en Vilamartín de Valdeorras

O recoñecemento ao presidente do IEV será o 2 de setembro no Complexo Hoteleiro Paladium
Aurelio Blanco Trincado, tralo pregón na XXI Festa das Covas de Vilamartín. /Foto: Carlos G. Hervella.

Moitos son os motivos e méritos que levaron a un grupo de amigo/as e veciños/as de Valdeorras a constituír a Comisión Organizadora da Homenaxe a Aurelio Blanco Trincado. “Na sua adicación á sociedade, foi directivo de practicamente todas as asociacións de tipo social e humanitario na comarca”, din dende a Comisión. Por citar algunha: Casino do Barco, Cáritas, Cruz Vermella, Amigos do Museo, Asfaval,… Formou parte de Son do Sil e foi pregoeiro das Festas do Cristo e máis recentemente da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras, sendo ademais dende hai xa anos, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

A Cea-homenaxe a este valdeorrés de pro, será o vindeiro 2 de setembro no Complexo Hoteleiro Paladium (Vilamartín) a partires das 21:30h. Quen desexe formar parte deste recoñecemento, poderá retirar as invitacións ata o 30 de agosto, na Libraria Murciego, no Restaurante San Mauro, na Casa Ignacio, no Bar San Roque e no Bar La Pampa, previo pago de 20 euros. As entradas tamén poderán reservarse chamando aos teléfonos: 609 140 990, 606 451 159, 658 636 482 ou no correo remeff@gmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button