CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro abre o curso cun novo espazo para un ximnasio

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investiu un total de 22.500 euros para levar a cabo estas actuacións
Marisol Díaz e Luz Fernández na visita ás obras.

O colexio CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro arranca o curso con diversas melloras que se realizaron ao longo do verán. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou hoxe, 4 de setembro, as instalacións deste centro para comprobar a evolución dos traballos. Para levar a cabo estas melloras, a Consellería de Educación investiu un total de 22.500 euros.

Estas actuacións consistiron na adaptación dun espazo como ximnasio, que xa se cubrira o pasado ano, e que consisten no illamento do espazo, a nivelación do chan cunha capa de formigó. Ademais realizarase a instalación eléctrica e colocaranse nove luminarias. Mouteira estivo acompañada pola xefa territorial de Cultura e Educación, Luz Fernández.

A máxima representante do Executivo autonómico na provincia explicou que estas actuacións execútanse ao abeiro do plan anual de obras de rehabilitación, ampliación e mellora (RAM) e dos recursos achegados polo Fondo do Superávit.

Así, Marisol Díaz lembrou que “a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria destina este ano máis de 880.000 euros na mellora de máis de 60 centros educativos de Primaria e Secundaria da provincia ourensá”.

A maioría das reformas, segundo informaron dende a Xunta, céntranse na reparación de cubertas e persianas, mellora de instalacións eléctricas e illamentos, substitución de caldeiras de calefacción e mellora de accesos peonís.

Artigos relacionados

Back to top button