EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

VIII Ruta dos Fornos de Celavente, unha festa consolidada

Máis de 400 persoas asistían a este percorrido que mestura natureza, patrimonio e gastronomía

A insistente ameaza de chuvia obrigaba á organización a efectuar algún que outro cambio, como a colocación de varias carpas (unha por xentileza de Artesanos Peyma) ou a supresión da visita á adega A Capilla (pola dificultade do acceso con mal tempo), pero finalmente a previsión meteorolóxica non se cumpríu (aínda que si fixo moito vento) e o sábado 2 de maio, o pobo de Celavente acollía a VIII edición da Ruta dos Fornos á que asistían máis de 400 persoas.

Pasada a unha e media da tarde e tralas instruccións sobre o percorrido polo seis fornos restaurados, e a lectura do pregón a cargo de Juan Corzo, os camiñantes comezaban o ascenso ata a primeira parada, o Forno do Viduedo con chourizo asado, pan e viño esperando para repoñer forzas. Seguindo na zona alta do pobo, o seguinte forno, o de Os Hortos recibía aos asistentes con diferentes tipos de empanada.

A partires de aí, atravesando soutos de castiñeiros, camiños e estradas, a ruta trasladábase á parte baixa do pobo, onde se atopan os outros catro fornos: o de Outeiro (con orella e lacón cocidos para comer), o do Fondo (con xamón asado), o do Campo (con torta de roxóns e licor) e o do Cima (con roscón), o último da ruta, preto da praza na que ramataba a festa, un ano máis coa presenza de Castañas e Mermeladas Artesanas do Caurel “Caurelor” con produtos á venda.

Nesta ocasión o acompañamento musical desta iniciativa que pon en valor o patrimonio, a natureza e a gastronomía desta vila do concello de O Bolo, correu por conta da charanga Madialeva de Sarria e de “dj Pichín”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button