EconomíaEconomíaÚltima hora

Celebra e Bebega abren as súas portas durante toda a fin de semana en Expourense

Ambos os dous salóns ofrecen ideas tanto para os que van casar coma para os futuros pais

Celebra, o salón de vodas, bautizos, comuñóns e eventos sociais, abriu hoxe, 14 de outubro, a súas portas. Así como tamén a mostra especializada para os máis pequenos da casa, Bebega.

O acto contou coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente e infraestruturas, José Araújo; e o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar. Os tres estiveron acompañados polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e pola directora de xestión de Expourense, Emma González.

Xusto na mañá de hoxe foron moitos pais os que se achegaron a un relatorio impartido por Stop Accidentes sobre seguridade no coche para os bebés.

Ao mesmo tempo, eran moitas as parellas que entraban no recinto de exposicións da capital para captar ideas e tendencias para o seu casamento. Segundo puideron comentar os diferentes expositores, as tendencias para este ano en materia de unións está baseada nunha palabra: “a personalización”. Os noivos de hoxe en día buscan un acto máis personalizado no que eles elixen como será a cerimonia, o escenario etc. De feito, xa son moitos os salóns de vodas que ofertan espazos para a celebración da cerimonia.

Coches, letras xigantes, incluso os hai que prefiren ambientar este día tan especial na súa serie favorita. De feito, un expositor tiña elementos decorativos para facer unha voda ao estilo “Juego de Tronos”. Outra das tendencias que se está a levar moito son as mesas doces, é dicir, unha especie de buffet con lambetadas e incluso algunhas con fonte de chocolate que se sacan durante o baile.

Xoiaría, viaxes, traxes, vestidos… todo o necesario para que os futuros noivos poidan ver toda a oferta presente para ese día tan especial. Por este motivo tamén se farán pasarelas coas últimas tendencias en traxe de noivo e noiva.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button