Monográfico Moda Outono/invernoOurense

Celebrando un século de moda

Perruqueiros e esteticistas honran aos seus patróns cun espectáculo no Teatro Principal de Ourense
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Cun gran espectáculo de perruquería, estética e moda no mítico Teatro Principal, a Asociación de empresarios da perruquería e salóns de beleza de Ourense celebraba a súa festa anual con motivo dos seus patróns, San Cosme e San Damián.

“Deu moito traballo para organizalo pero temos a satisfación de saber que lle gustou a tódolos asistentes, chegados dende diferentes partes de Galicia (O Barco de Valdeorras, Lalín, Pontevedra…)” explica Beatriz Gómez, presidenta do colectivo de empresarios que aglutina centos de establecementos en toda a provincia de Ourense e dá traballo a máis de dous mil persoas.

Baixo o título “Un século de moda” o espectáculo supuxo un paseo pola historia da beleza, que correu a cargo de dúas prestixiosas figuras do sector: a estilista María Luisa Sicilia e Sabela, expertas en perruquería e estética que contaron coa colaboración de Ana Barril e da firma Íntimo Básico.
“Fixéronse 20 recollidos en dúas horas cos seus correspondentes tocados artesanais, todos feitos a man, á parte da posta en escea cun “Charlot” que puxo o toque de humor. Foi un espectáculo de categoría e a recompensa foi gratificante por parte do público, composto basicamente por profesionais porque así o decidimos” di Beatriz.

A protagonista da gala foi María Luisa Sicilia que sobre o escenario do Teatro Principal, ía transformando ás modelos segundo a época na que se centraban en cada momento, ata completar o século de historia ao que facía referencia o título do espectáculo. Unha exhibición que presentará en Milán (Italia) no verán.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información e reportaxes na edición en papel do Especial Moda Outono/Inverno de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button