O Campo de San Roque na Rúa convertíase na tardiña do 21 de xullo en escenario dun acto lúdico/político promovido polo BNG para conmemorar a Festa da Patria, cuxa data propiamente dita será o 25 de xullo. O acto comezaba cunha merenda e continuaba con diversas intervencións, entre elas a da tenente de alcalde do Concello da Rúa, María González Albert.
Esta celebración reunía a un cento de persoas, entre as cales había tamén membros da executiva nacional do BNG, como era o caso de Bieito Lobeira, quen tomaba a palabra no encontro. Tamén asistían membros do BNG de Valdeorras e de Galiza Nova na comarca. O acto pechábase coa actuación de Pablo Carracedo “Jasper” (guitarra e voz) e Gustavo Brea “Gus” (guitarra), ambos membros do grupo Nao.
Fotos cedidas, agás as catro últimas da galería que son de Carlos G. Hervella.