Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Centos de maiores arroupan a inauguración de Galisenior en Expourense

O director xeral do Imserso, César Antón Beltrán, foi o encargado de erguer o telón á décima edición do Salón Interancional dos Maiores

Expourense abriu hoxe mércores, 25 de maio, a décima edición de Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se prolongará até mañá. Nesta primeira xornada, centos de anciáns achegáronse a estas instalacións para coñecer de primeira man os servizos deste expositor, onde se concentran Administracións, empresas e colectivos implicados na procura do benestar na terceira idade.

Nesta ocasión, Galisenior contou coa presenza do director xeral do Imserso, César Antón Beltrán, que durante a súa intervención destacou que “un dos aspectos máis importantes do envellecemento é a participación e a involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade”. Remarcou, nesta liña, a necesidade de que as administracións sexan tamén unha parte que se adapte aos cambios poboacionais facilitando o fomento de novas redes de protección hacia as persoas dependentes.

O representante do Imserso estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o alcalde do Cocnello de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o presidente co Comite asesor de Galisenior 2016, Alberto Vaquero, así como outras personalidades.

Entre os grupos participantes desta primeira xornada destacou a presenza da Confederación de Organizacións de Maiores de Galicia (Cogama), a Asociación de Maiores de Telefónica, e os usuarios de centros sociocomunitarios da Xunta, procedentes de Ribadavia, Xinzo de Limia, Maceda, O Carballiño ou Verín. Realizaron actividades en obradoiros, e participaron nunha masteclass de ximnasia e baile, entre outros.

Na xornada de mañá, 26 de maio, Galisenior abrirá as súas portas de 10 a 14h e e 16 a 19h. A entrada á feira e a participación nas actividades son gratuitas.

Artigos relacionados

Back to top button