EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO acolle un relatorio sobre a importancia da análise dixital nas empresas

 

O relatorio foi impartido por Alfonso Ramos, director de SDManalytics by Seidor. 

A evolución da tecnoloxía obrigará ás empresas a implantar o sistema de análise dixital total, para poder competir en igualdade de condicións segundo expuxo Alfonso Ramos, director de SDManalytics by Seidor, durante un relatorio pronunciado no salón de actos da CEO, organizado polo Colexio de Economistas de Ourense, SDManalytics by Seidor coa colaboración da Confederación de Empresarial de Ourense.

Rosa María Sánchez Gándara, vicepresidenta da CEO, deu a benvida aos asistentes e ao poñente, en tanto que a presentación formal do acto e do poñente correu a cargo de Reverter Gil, en nome do colexio de Economistas. Na súa breve intervención reivindicou o papel dos economistas e recorreu a Vicente Risco para sinalar a importancia de avanzar cos tempos e incorporar as ferramentas que as novas tecnoloxías van poñendo a disposición dos profesionais e as empresas.

Alfonso Ramos é enxeñeiro industrial, experto en organización e enxeñaría de procesos, así como en dirección de plantas industriais e dirección de empresas, ademais de profesor universitario. A súa actividade profesional está orientada á busca da optimización total do funcionamento das empresas. Por elo, explicou “os segredos” da analítica dixital, dado que “no entorno actual todo cambia a unha velocidade de vertixe”, polo que debemos estar preparados para tomar decisións constantemente e en tempo real2.

Na súa intervención explicou a situación actual do entorno empresarial, as competencias futuras dos directivos, a importancia da xestión do dato nas empresas e as solucións tecnolóxicas que facilitan esta transición: data Discovery, big data, predicción, etc.

Artigos relacionados

Back to top button