EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO celebra unha xornada sobre “neuromarketing”

A conferencia foi impartida por Manuel Alonso Coto, experto en márketing dixital, transformación dixital e industria 4.0
O relatorio foi organizada pola CEO e a Galicia Business School. 

A CEO acolleu hoxe, 26 de setembro, unha xornada sobre “O neuromarketing e os cambios na forma de comprar e a arte de vender”, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense e Galicia Business Schooll, impartida por Manuel Alonso Coto, experto en márketing dixital, transformación dixital e industria 4.0. A presentación correu a cargo de Marisol Nóvoa, vicepresidenta da CEO. Durante a súa intervención, o conferenciante fixo un repaso polos fitos históricos no mundo da compravenda. Neste sentido indicou que a velocidade de evolución tecnolóxica obriga á revisión constante das estratexias en uso. Destacou a capacidade da nanotecnoloxía para ofrecer solucións impensables fai moi pouco e cuxa implantación se produce de maneira transversal, xa que permite instalar nas áreas de venda cheiros, cores e sabores agradables de forma que condicionen o subconsciente do potencial cliente.

O neuromarketing, segundo Manuel Alonso, achega respostas e axuda a descubrir os desexos e motivacións que levan aos consumidores para decantarse por un produto ou outro do mercado. Novos cambios na contorna empresarial que obrigan aos empresarios para adaptarse para chegar a un consumidor cada vez menos accesible.

 

Artigos relacionados

Back to top button