EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO fai un obradoiro para explicar as axudas da Xunta ás PEMES

Os programas InnovaPeme e Pincipia pretenden fortalecer a competitividade mellorando a capacidade innovadora e favorecer a contratación de persoal para I+D+I
Teresa Bernal, da Consellería de Economía e Industria, achegou esa información aos socios.

A Confederación Empresarial de Ourense acolleu hoxe, 19 de xullo, un taller técnico para explicar o contido da segunda edición os programas InnovaPeme 2017 e Principia 2017 e resolver as dúbidas sobre as convocatorias, á vez que propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Diso encargouse Teresa Bernal Cortegoso, xefa do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación (GAIN), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta. A relatora dedicou a primeira parte do taller a desmenuzar os contidos das axudas e as fórmulas para acceder a elas. Logo, tivo lugar un café compartido para favorecer a posta en común de ideas ou dúbidas, ao que seguiu unha quenda de reunións bilaterais co persoal técnico de GAIN.

O programa InnovaPeme 2017 consiste na disposición de axudas para o fortalecemento da competitividade das pequenas e medianas empresas galegas a través da mellora da súa capacidade innovadora, en tanto que o Principia 2017 contempla axudas para a contratación de persoal destinado á realización de actividades de I+D+i en empresas e centros de coñecemento galegos en áreas consideradas estratéxicas para a Comunidade Autónoma.

Artigos relacionados

Back to top button