EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO organiza unha xornada informativa sobre emprendemento con franquías

Nacho Cabaleiro (socio fundador AUREN Retail e Franquías) e Ana Vázquez (directora IDAE Consultores) impartiron o relatorio.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu unha xornada que levaba por título “Como emprender a través dunha franquía e como conseguir financiamento”, organizada pola entidade ourensá xunto con “AUREN Retail e Franquías” e “IDEA Consultores”, destinadas a persoas potencialmente interesadas en montar un negocio destas características.

Os relatorios correron a cargo de Nacho Cabaleiro (socio fundador AUREN Retail e Franquías) e Ana Vázquez (directora IDAE Consultores). Ambos deron a coñecer as claves das franquías de éxito e situación actual do sector, os puntos para ter en conta na selección dunha franquía, o proceso para seguir por parte do futuro franquiciado, como financiar un proxecto destas características, as liñas de axuda para poder financiar unha franquía no seu arranque e casos prácticos. Acto seguido tivo lugar unha quenda para rogos e preguntas, no que os asistentes trasladaron as súas dúbidas aos expertos.

Finalmente levou a cabo unha sesión de networking na que levaron a cabo entrevistas programadas individualizadas cos participantes que o solicitaban previamente. A presentación correu a cargo de Jaime Pereira, secretario xeral da CEO.

Artigos relacionados

Back to top button