CulturaCulturaMúsica

Certame de bandas de gaitas o 26 e 27 de xullo, en Manzaneda

O evento contará con gaiteiros de Galicia, Cataluña, País Vasco, Castela León e Portugal
Banda de gaitas de Manzaneda, na pasada edición do certame./ Foto: Carlos G. Hervella
Banda de gaitas de Manzaneda, na pasada edición do certame./ Foto: Carlos G. Hervella

Os días 26 e 27 de xullo os cumios de Cabeza de Manzaneda acollerán o V Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García”, un evento organizado polo Concello de Manzaneda e promovido pola Deputación de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda.

O evento, que contará con gaiteiros de Galicia, Cataluña, Madrid, País Vasco, Castela León e Portugal, era presentado na mañá do 18 de xullo en Ourense, polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e a directora de Oca Nova Manzaneda, Mónica Rodríguez.

O programa inclúe actividades como a “Noite Celta” o día 26, na que actuarán o Cuarteto Monterrei, as Cantareiras da Real Banda, a Banda de Gaitas de Aveiro (Portugal) e a Real Xuvenil.

O día 27, ás 11h, comezará o certame de bandas de gaitas, entregarase o trofeo de gaiteiros solistas “Canmore”, e terá lugar a entrega de distincións aos representantes de Galicia Exterior, participantes e concursantes.

Ademais haberá unha mostra bibliográfica, discográfica e de instrumentos e vestimenta tradicional galega, a cargo do obradoiro Os Alegres, de Pontevedra.

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Cartaz deste encontro musical.
Cartaz deste encontro musical.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button