CulturaCulturaÚltima hora

Charla co fotógrafo Héctor Garrido o 23 de abril en Allariz

O seu traballo “Cuba Iluminada” permanece exposto na Fundación Vicente Risco
Alfredo Sosabravo retratado por Héctor Garrido para o proxecto "Cuba Iluminada".
Alfredo Sosabravo retratado por Héctor Garrido para o proxecto “Cuba Iluminada”.

Natural de Huelva, Héctor Garrido é un fotógrafo especializado en ciencia e retrato. As súas fotografías exploran en novos espazos e conceptos, destacando o uso da ciencia como materia prima como base de expresión artística. Entre os seus traballos de máis repercusión destacan “Armonía fractal de Doñana” (en fotografía de ciencia) e “Cuba Iluminada” (en retrato).

Este último traballo no que Garrido retrata ás cen personas máis relevantes da cultura cubana, permanece estes días na sede da Fundación Vicente Risco (rúa San Lorenzo 3) en Allariz, e ata alí se desprazará o propio artista o vindeiro xoves 23 de abril ás 19:30h. para ter un encontro cos interesados no seu traballo “Cuba iluminada” e falar sobre el.

Artigos relacionados

Back to top button