Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Charla-coloquio sobre o Parlamento no IES Carlos Casares de Viana

Tres ex deputados participaron no encontro co alumnado do instituto vianés

Na tarde do luns 13 de febreiro o IES Carlos Casares acollía un encontro con tres ex deputados, membros da Asociación de Ex Parlamentarios de Galicia: Jackeline Elisabeth Fernández Macías, do PPdeG; Tareixa Paz Franco, do BNG e Pablo López Vidal do PSdeG-PSOE.

Os tres representantes políticos presentaron ao alumnado de 4º ESO, FPB, Bacharelato e Ciclo Formativo, a realidade do traballo cotián nas bancadas do Parlamento, animando aos máis novos “a participar, dende calquera das diferentes ópticas ideolóxicas, na vida política como instrumento de mellora social”, explican dende o centro escolar.

Para participar nesta actividade extraescolar, os estudantes prepararon nas aulas diferentes preguntas nas que non faltaron “referencias ás preocupacións pola Sanidade e Educación, a corrupción ou o desemprego”, aseguran dende o instituto.

As charlas-coloquio nas que participan os ex parlamentarios, son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que os estudantes poidan coñecer de preto as reviravoltas do Parlamento de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button