EconomíaEconomíaÚltima hora

Charla e degustación de cogomelos, no Galileo do Barco

Cristóbal Ruiz Leivas abría as xornadas de micoloxía organizadas este outono en dous establecementos de hostalaría barquenses
Degustación de cogomelos no Galileo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Degustación de cogomelos no Galileo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Valdeorras é unha das comarcas galegas con maior riqueza e diversidade micolóxica e así o demostraba o micólogo Cristóbal Ruiz Leivas na conferencia que impartía na tarde do 18 de outubro no Galileo do Barco. Na súa exposición facía un percorrido, apoiándose en multitude de imaxes, polas diversas familias de cogomelos que se poden atopar nos montes valdeorreses. Unha parte delas son comestibles e ademais moi aprezados, como sucede coa Amanita caesarea, que pode atoparse no comezo do outono, tamén cos boletus e, por suposto, con especies de sobra coñecidas como os choupíns ou os níscalos.

Un dos momentos da charla de Cristóbal Ruiz Leivas./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da charla de Cristóbal Ruiz Leivas./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ruiz Leivas desgranou as características e peculiaridades culinarias da multitude de cogomelos comestibles da comarca, aportando ademais recomendacións sobre cómo recollelos ou cociñalos. Ademais referíase aos cogomelos non comestibles e aos seus perigos, xa que algúns deles son mortais. E explicou cómo diferencialos no campo para evitar riscos. De seguido, dende o Galileo ofrecíase unha degustación de cogomelos preparados en filloas, salteados, fabada e en tortilla.

Asistentes á charla degustando uns pinchos./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á charla degustando uns pinchos./ Foto: Carlos G. Hervella.
O experto en micoloxía Cristóbal Ruiz, cun exemplar de cogomelo, durante a conferencia./ Foto: Carlos G. Hervella.
O experto en micoloxía Cristóbal Ruiz, cun exemplar de cogomelo, durante a conferencia./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro xoves 30 de outubro ás 20:30h. haberá unha nova degustación, precedida pola presentación do libro “En el país de las setas” de Alejandro Mínguez no Galileo. Asemade entre o 20 e o 26 de outubro os pinchos que se sirvan en La Maltería serán elaborados con cogomelos.

Artigos relacionados

Back to top button