EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Charla sobre como traballar o viñedo tras a xeada, na Rúa

Terá lugar o vindeiro venres 5 de maio ás 19h. no Centro Cultural Avenida

 

Viñedo valdeorrés danado pola xeada.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras aprobaba no seu último pleno, o 2 de maio, fomentar unha serie de accións formativas con expertos para que trasladen aos interesados coñecementos precisos sobre como proceder para traballar o terreo tras a xeada e que se minimice, deste xeito, o seu impacto negativo sobre as vides.

A primeira delas terá lugar o vindeiro venres, día 5, ás 19.00 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa. Trátase dunha charla que impartirá o especialista Francisco Rego, técnico xubilado da EVEGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button