DeportesÚltima hora

Charlas sobre orientación en montaña e esquí en Trives

Serán organizadas polo Club Montaña de Trives os días 27 e 28 de marzo na Casa da Cultura
Cartaz das charlas en Trives.
Cartaz das charlas en Trives.

Montaña e deporte. Esta será a temática das conferencias que organizará o Club de Montaña Trives os vindeiros días 27 e 28 de marzo nesta vila. Serán dúas charlas-coloquio impartidas por Justo Alamparte, membro do GREIM da Gardia Civil e socio da entidade trivesa, en horario de 19h. a 21h no Auditorio Julio Vázquez (Casa da Cultura) de Pobra de Trives.

Na primeira das sesións centrarase na orientación en montaña e na interpretación de mapas, mentres que na charla do sábado 28 abordará á iniciación no esquí de montaña, nordico e telemark.

Por outra banda, este club está preparando unha nova andaina para o 4 de abril, será duns 15,5 km (de dificultade moderada) e partirá da praza do Pilón ás 9:30h. As persoas interesadas poderán inscribirse na oficina de turismo ou a través do correo: club.montana.trives@gmail.es. A inscrición é de balde para os socios e para os non socios custará 2 euros. O Club Montaña Trives recoméndalle aos participantes levar un bo calzado e bastóns para realizar a ruta.

Artigos relacionados

Back to top button