ConcellosÚltima hora

A CHMS e ADEGA colaboran na formación de voluntarios para limpar os ríos da conca

s A través dun convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil subvencionará os programas de formación con 10.000 euros

Francisco Marín e Virxinia Rodríguez durante a sinatura do convenio.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asinou un Convenio de Colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA, mediante o cal vaille entregar unha subvención de 10.000 euros para o desenvolvemento dun programa de formación de voluntariado ambiente e divulgación dos valores naturais asociados á Conca.

Este convenio foi asinado onte, 27 de setembro, na sede da CHMS, polo presidente do organismo de conca, Francisco Marín, e por Virxinia Rodríguez, presidenta da ADEGA. Dende a CHMS aseguraron que “ambas partes comparten o obxectivo común da defensa e promoción da sostenibilidade dos ecosistemas fluviais e consideran de grande importancia levar a cabo conxuntamente o desenvolvemento de diversas actuacións de colaboración e cooperación no ámbito do desenvolvemento sostible e de educación ambiental”.

ADEGA vén desenvolvendo desde hai anos accións concretas no fomento e mantemento da sustentabilidade dos ríos a través do Proxecto Ríos, que ten como finalidade principal dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e das súas problemáticas ambientais, así como divulgar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos sistemas fluviais mediante dinámicas que fomenten a súa participación.

Neste senso, a asociación xa dispón da infraestrutura e dos medios técnicos adecuados, así como da experiencia necesaria en coordinación de voluntarios, consolidando, ao longo dos anos, unha ampla rede de voluntariado que garante unha capacidade de difusión e repercusión das actividades realizadas.

“Desde a CHMS consideramos que a colaboración na formación de voluntarios
é clave para continuar un labor que esta Asociación Ecoloxista vén desenvolvendo en favor da mellora e conservación dos ecosistemas e das canles fluviais” concluíu Francisco Marín, presidente do organismo da CHMS.

Cartel cos lugares onde se van efectuar os cursos.

Artigos relacionados

Back to top button