Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Chocolatada benéfica a favor da AECC no Barco

Multitude de persoas dábanse cita na tarde do 28 de novembro no Casino do Barco para asistir á chocolatada benéfica que organizaba a delegación da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras, que preside Gloria Pérez. Ademais de delicioso chocolate quente, os asistentes puideron desfrutar de doces e dun agradable ambiente. Dende a AECC agradeceron a resposta da xente e a súa colaboración coa entidade.

Fotos: AECC-O Barco

Artigos relacionados

Back to top button