En portadaÚltima hora

Christian Escuredo, Gran Premio de España 2015 polo seu labor como pedagogo teatral

Recibirá o galardón nunha cerimonia que se celebrará en Barcelona en xuño
O actor e cantante barquense Christian Escuredo./ Foto: Luis Malibrán.
O actor e cantante barquense Christian Escuredo./ Foto: Luis Malibrán.

Novo galardón para o actor barquense Christian Escuredo. Desta volta non é polo seu papel protagonista en “Priscilla. Reina del Desierto”, senón por outra das súas facetas profesionais: a de pedagogo teatral. Así o valdeorrés vén de ser distinguido co Gran Premio de España 2015, na súa categoría de “Talleres teatrais” polo seu labor como pedagogo teatral. Escuredo imparte en Madrid cursos de teatro nos que desenvolve a interpretación, o movemento expresivo e o crecemento transpersoal.

Estes premios, que condede a Asociación ARS Mediterránea Internacional (creada no 2009 co obxectivo de salvagardar e difundir as distintas culturas dos países mediterráneos), entregaranse o vindeiro mes de xuño en Barcelona.

Artigos relacionados

Back to top button