En portada

Christian Escuredo, mellor actor principal nos BroadwayWorld Spain 2015

O actor valdeorrés lograba este galardón polo seu papel de Adam/Felicia no musical “Priscilla. Reina del desierto”
O actor valdeorrés Christian Escuredo co premio ao mellor actor principal nos BroadwayWorld Spain 2015.
O actor valdeorrés Christian Escuredo co premio ao mellor actor principal nos BroadwayWorld Spain 2015.

O público vén de respaldar cos seus votos o traballo do valdeorrés Christian Escuredo no musical “Priscilla. Reina del Desierto”, que vai pola súa segunda tempada en escena no Nuevo Teatro Alcalá de Madrid. Na noite do 30 de novembro recollía o premio como “Mellor Actor Principal” nos BroadwayWorld Spain 2015 polo seu papel de Adam/Felicia.

“É unha honra recibir un premio por interpretar a un personaxe tan divertido. E aínda que levamos máis de 400 funcións, cada noite sigo descubrindo a Felicia”, dicía o intérprete barquense ao recoller o galardón no Teatro Bodevil. Na súa intervención tamén amosaba o seu agradecemento ao público, en especial ao valdeorrés, e adicáballes o premio aos espectadores. Ademais agradecía o apoio da súa familia, amigos e dos seus compañeiros do musical “a miña outra familia”.

Christian Escuredo (primeiro pola esquerda), caracterizado como Felicia, xunto aos outros dos protagonistas do musical./ Foto: Javier Naval.
Christian Escuredo (primeiro pola esquerda), caracterizado como Felicia, xunto aos outros dos protagonistas do musical./ Foto: Javier Naval.

A parte do premio ao mellor actor principal, “Priscilla” convertíase na montaxe ganadora da noite ao sumar outras catro estatuíñas: a de mellor musical do ano, mellor dirección musical, mellor son e mellor vestiario.

Artigos relacionados

Back to top button