A científica valdeorresa Noa Feás mantén unha videoconferencia con alumnos do IES Martaguisela

Exalumna do instituto barquense, Noa é licenciada en Veterinaria e realiza a súa tese doutoral sobre a patoloxía do cancro

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras mantiveron unha charla por videoconferencia coa investigadora e científica valdeorresa, Noa Feás Rodríguez, exalumna do centro barquense, licenciada en Veterinaria pola Universidad de León e cun Máster en Investigación en Ciencias de la Salud pola Universidad de Valladolid.

Na actualidade Noa atópase realizando a súa tese doutoral sobre a patoloxía do cancro no Instituto de Biología y Genética Molecular (IBGM), en colaboración co Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), un proxecto para o que conta cunha axuda da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), tal como explican dende o instituto barquense.

Nunha animada e interesante charla, Noa Feás foi respondendo ás preguntas que lle facían os alumnos, explicando como dun inicial amor polos animais pasou a investigar sobre o cancro. “Está na metade da súa tese doutoral e recomenda encarecidamente investir en investigación”, aseguran dende o IES Martaguisela.

Fotos cedidas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies