En portadaÚltima hora

Cinco alumnos do IES Lauro Olmo conseguen a excelencia académica na ABAU 2017

Nadia Fernández sacaba un 13,870 sobre 14 “unha das notas máis altas de España” en selectividade
Os cinco alumnos do IES Lauro Olmo con excelencia académica.

Máis que sobresaíntes son os resultados que o alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras conseguía nas probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), celebradas hai unha semana na Rúa, sumando ata cinco exelencias académicas.

Nadia Fernández, Paula Rodríguez, Álvaro Vega, Carla Méndes e Sergio Rodríguez superaron os 13 puntos na selectividade e, no caso de Nadia, sacaba un 13,870 sobre 14 “unha das notas máis altas de Galicia e por suposto de España”, aseguran orgullosos dende o instituto barquense.

 

Nadia Fernández Rodríguez.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button