ConcellosÚltima hora

Cinco grupos na segunda edición de “Música e cantos de taberna” en Trives

Esta singular proposta músical e lúdica será organizada pola asociación trivesa A Caniceira o 29 de novembro
Un dos grupos participantes na primeira edición dos cantos de taberna celebrada en Trives no verán./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos grupos participantes na primeira edición dos cantos de taberna celebrada en Trives no verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras o tremendo éxito logrado no verán, Trives prepárase para unha segunda edición de “Música e cantos de taberna”. A iniciativa, que non ten carácter competitivo, será organizada de novo por A Caniceira e terá lugar na tarde do vindeiro 29 de novembro. Desta volta participarán cinco grupos, tres deles de Trives e o resto de Manzaneda: @s Maciz@s Centrais, a Rondalla Esmorga, San Nordés, Os Veciños e Manzaneda Banda.

O punto de partida de todos os grupos será a praza do Pilón de Trives. A partir de aí cada un deles, acompañado por un membro de A Caniceira que lles irá marcando o percorrido, comezará un itinerario polos bares da localidade. Neles ofreceráselles bebida e pinchos a cambio da súa música. En total prevese que cada grupo actuará ao redor de 45 minutos por local.

Cartaz desta iniciativa promovida pola asociación trivesa A Caniceira.
Cartaz desta iniciativa promovida pola asociación trivesa A Caniceira.

Nesta iniciativa participarán os trece bares da vila: Sky, Víanova, O Bodegón, Manolo’s, Boliche, Cantina do 4, O Pilón, Quintela, Casanova, Vigo Madrid, Toral, San Martín e O Cafeto.

Dende A Caniceira confían en que se repite a boa resposta de público da pasada edición e agraceden o apoio e impliación dos bares triveses. Ademais animan á sumarse, cantando e bailando, a esta iniciativa pioneira no oriente ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button