DeportesÚltima hora

Cinco vitorias para o Fluvial Barco no 48 Descenso do Sil

Multitude de persoas seguían a proba a pé de río e mesmo baixando o río fóra da competición
Membros do Fluvial Barco, tras a entrega de premios do 48º Descenso do Sil./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Membros do Fluvial Barco, tras a entrega de premios do 48º Descenso do Sil./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O Club Fluvial Barco vén de poñer a guinda a unha excelente tempada e, por riba, na casa. Foron cinco triunfos na proba de referencia para esta entidade deportiva: o Descenso do Sil. Así na súa 48ª edición, celebrada na tarde do 13 de setembro no Barco, vencían en K-1 senior, en K-1 cadete, en K-1 junior e en K-1 veterán masculino e feminino. “Vai ser difícil poder repetir este resultado”, destacaban dende club valdeorrés, apenas uns minutos despois de rematar a proba.

Nesta proba dábanse cita ao redor de 350 padexeiros de diferentes clubs galegos e doutras zonas de España, como é o caso de Asturias. Polo tanto, moita participación e ademais gran calidade deportiva. E iso sumado ao numeroso o público que seguíu a competición na saída e a pé de río ao longo do seu percorrido. E tamén destacou o incremento de persoas que desta volta apostaron por facer o seu particular descenso, dándolle en moitos casos u toque festivo. Especialmente concurrida estivo a meta da proba, situada no Malecón do Barco.

Esta é asemade unha das probas deportivas de referencia do programa festivo do Cristo no Barco.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button