OurenseÚltima hora

O Cineclube Padre Feijóo propón un repaso polo cinema francés no seu “Luns de Filmoteca”

Fotograma do documental.

Chega o luns e a maquinaria do Cineclube Padre Feijóo ponse en marcha. Os Luns de Filmoteca son unha cita xa consolidada e este luns, 11 de decembro, non vai ser menos.

Nunha única sesión, ás 20:30 horas, na Biblioteca Pública de Ourense, van proxectar o filme “A película da miña vida” ( Voyage à travers le cinéma Français), do director Bertnard Tavernier. Unha cinta documental que fai un repaso pola historia do cinema galo dende os anos 30 até principios dos 70.

A entrada terá un custo de dous euros para asociados e 2,50 para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button