CulturaCulturaÚltima hora

Cinema de verán no Pereiro de Aguiar con “A praia dos afogados”

A cita é, con entrada libre e de balde, na Praza do Concello, ás 21:30 horas
No caso de choiva anularase a proxección.

O filme “A praia dos afogados” chega mañá, venres 22 de setembo, ao concello do Pereiro de Aguiar en formato de cinema de verán, no marco da segunda edición do programa de dinamización lingüística Redecinema das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Agadic, da Consellería de Cultura. A cita é, con entrada libre e de balde, ás 21:30 horas (en caso de choiva, na aula multiúsos do Centro de Día).

“A praia dos afogados” é un thriller baseado na novela homónima do escritor Domingo Villar que narra a historia da investigación de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, arredor dunha morte que comeza como suicidio e remata en asasinato. Dirixido por  Gerardo Herrero e protagonizado por Carmelo Gómez e  Antonio Garrido, inclúe na ampla nómina de actores e actrices galegos e galegas tan coñecidos como Tamar Novas, Celso Bugallo, Luís Zahera, Marta Larralde, Pedro Alonso, Déborah Vukusic ou Carlos Blanco, entroutros.

Artigos relacionados

Back to top button