CulturaÚltima hora

Cita coa música de outono, na Rebusca de Manzaneda

É unha das citas incluídas no programa de outono e inverno do Concello de Manzaneda
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Moita música, micoloxía, cinema e tradición. O Concello de Manzaneda vén de abrir o seu programa cultural para este outono e inverno. Unha manchea de citas que se encetaban en outubro con clases de música, cunhas xornadas de micoloxía e tamén co magosto. A seguinte cita, especialmente para os afeccionados á música será o Festival A Rebusca de Outono, que promove a Asociación A Rebusca o día 23 de novembro na nave do Toural. Poderá verse en concerto a grupos como Maskarpone, Liviao de Marrao, Labregos do tempo dos Sputniks, Güintervan e Tiruleque.

De seguido, xa no mes de decembro, haberá outras citas como un concerto de Nadal dos alumnos do colexio ou tardes de cinema.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button