EconomíaEconomíaÚltima hora

Cita coas cervexas artesás na vindeira fin de semana en Ourense

Do 29 de setembro ao 1 de outubro a Alameda acollerá a quinta edición da Feira da Cervexa Artesá da cidade
Imaxe da pasada edición da Feira da Cervexa en Ourense.

 

Os afeccionados ao mundo da cervexa artesá teñen unha cita na vindeira fin de semana na cidade de Ourense. Do 29 de setembro ao 1 de outubro a praza Bispo Cesáreo (Alameda) da capital será novamente escenario da quinta edición da Feira da Cervexa Artesá cun horario de 12h. a 00h.

Nela poderán probarse diferentes marcas e novas elaboracións de cervexeiros galegos. Ademais contarase coa presenza do mestre cervexeiro belga Glenn Schippers, afincado en Ourense “quen coas sus elaboracións achegaranos ás súas raíces”, segundo explican dende a organización en mans da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

 

Algúns das marcas presentes na mostra do ano pasado.

Asemade o programa da feira inclúe actividades complementarias en torno ao mundo da cervexa como é o caso de maridaxes, concursos, concertos, charlas sobre o lúpulo galego, tres catas de diferentes estilos de cervexa e un curso de elaboración desta bebida, entre outros actos.

O toque musical da mostra porano os grupos The Phantom Dragsters, La cumbancha de la martiniana e El pelotón de los torpes. Ademais contarase coa presenza de varios food trucks no recinto.

Fotos: S.F.

 

Cartel da feira.

Artigos relacionados

Back to top button