EconomíaEconomíaÚltima hora

Cita coas oportunidades no Mercaberto 2014

O programa desta VI Feira de Oportunidades no Barco, prevista para os días 22 e 23 de agosto no Paseo do Malecón, presentábase na mañá do 13 de xullo
O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, na presentación do Mercaberto./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, na presentación do Mercaberto./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Divírtete mercando!!!”. Con este lema chega a sexta edición do Mercaberto, unha feira de oportunidades que terá como escenario o Paseo do Malecón do Barco (na zona próxima ao Casino) na fin de semana do 22 e 23 de agosto. O público poderá atopar multitude de ofertas en diversos produtos como prendas de vestir, calzado, decoración, agasallos ou complementos, entre outros. Poranse á venda a prezos moi atractivos, pero mantendo a calidade de sempre.

Achegáranse “grandes oportunidades e liquidación de existencias, aproveitando a finalización do período de rebaixas”, sinalaba no acto de presentación da cita Ángel Álvarez, presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), entidade organizadora desta feira en colaboración co Concello do Barco. Ademais “organizaremos unha serie de actividades para animar o espazo comercial neses dous días”, continuaba Álvarez.

O recinto feiral abrirase ao público na tarde do 23 de agosto cun horario de 19h. a 23h. e nel poderán visitarse un total de 16 establecementos de diferentes sectores e entre os que estará tamén o da asociación benéfica valdeorresa Asfaval. Tras a feira, ás 23h., haberá un concerto do grupo valdeorrés Los Correctos.

Ao día seguinte, sábado 23 de agosto, o horario de apertura do Mercaberto será de 11h. a 14h. pola mañá e de 19h. a 23h. Ademais pola tarde haberá actividades para os máis pequenos. En concreto terá lugar unha “Festa da auga”, na beira do río Sil a partir das 19h.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel de agosto do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button