OurenseÚltima hora

Cita solidaria no Auditorio de Ourense, coa IV Gala contra o Cancro

Será o 18 de novembro a partires das 20:30 horas
Algúns dos artistas que actuarán na IV Gala contra o Cancro de Ourense.
Algúns dos artistas que actuarán na IV Gala contra o Cancro de Ourense.

Ourense volve a acoller un ano máis -e xa van catro- a Gala contra o Cancro que nesta ocasión se fixa para o vindeiro 18 de novembro. A cita terá lugar no Auditorio Municipal da cidade a partires das 20:30 horas e promete humor, danza e música a cambio dun anaco de soliedariedade. Entre as tres edicións anteriores, o evento ten recadado preto de 15.000 euros e agarda volver encher o auditorio para destinar os fondos á Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Ourense.

Entre os artistas que conforman o cartel deste ano figuran Lys Pardo, Monoulious Dop, Pepe Capelán, Xabier Vizcaíno ou La Dama Gris. Tamén participará a Escola de Danza Estilo Libre. A cerimonia será comandada polo actor e empresario ourensán Rubén Riós e a presentadora de televisión Lucía Rodríguez.

As entradas estarán dispoñibles a partires do vindeiro luns 24 de outubro nos seguintes puntos: Prink Ourense, Librería Puga, Matíz Instrumentos Musicais, Sequesport, Bocatería KM 0, Restaurante Casa Toñita, AECC Ourense, Despacho de Voluntario de AECC, EnOu, Escola de Danza Estilo Libre, Umbela Moda, Centro Deportivo Moovett, Panadería Roberto, La Central e La Central Heladera.

Artigos relacionados

Back to top button