CulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Clases de primeiros auxilios no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

O curso foi impartido por Cruz Vermella Valdeorras para os alumnos de 5º e 6º de Primaria

Como actuar en caso de atopar a unha persoa tirada no chan, como facer unha pequena cura e incluso as pautas a seguir nunha RCP (reanimacioón cardiopulmonar). Son algunhas das indicacións que dúas representantes de Cruz Vermella Valdeorras deron aos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras.

Ao curso de primeiros auxilios asistiron os alumnos de entre 10 e 12 anos do centro barquense ao longo de catro sesións (un día os de 5ºA, outro os de 5ºB, outro os de 6ºA e por último os de 6ºB), celebradas na propia aula.

A última sesión tiña lugar na tarde do venres 1 de abril.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button