OurenseÚltima hora

Clausura do programa integrado de emprego en Ourense

Na mañá do 17 de abril tiña lugar a entrega de diplomas ao segundo grupo de alumnos que participaron nel en Ourense
Acto de entrega dos diplomas en Ourense.
Acto de entrega dos diplomas en Ourense.

O acto de clausura e entrega de diplomas ao segundo e último grupo de alumnos que participaron no programa integrado de emprego “Ourense:Emprego e Formación” da cidade das Burgas tiña lugar na mañá do 17 de abril en Ourense. Nel participaron un total de 70 persoas, na súa maioría con baixa cualificación. “Esta actuación acadou que o 45% dos seus participantes atoparan un posto de traballo, en concreto o número de insercións cífrase en 32”, segundo se informa dende a Xunta.

O acto contaba coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e do concelleiro ourensán de Emprego José Angel Barquero.

Artigos relacionados

Back to top button