Ourense

Clausuran o programa integrado Ourense Innovación

Impartíronse catro cursos en comercio, servizos, seguridade e hostalaría para mellorar a cualificación de 70 persoas desempregadas
Un momento do acto, celebrado no Concello.
Un momento do acto, celebrado no Concello.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou onte na clausura e entrega de diplomas do Programa Integrado de Emprego Ourense Innovación, a través do cal 70 alumnos recibiron formación en catro especialidades: comercio, servizos, seguridade e hostalaría.

Segundo se explicou, a iniciativa achegou aos participantes a oportunidade de acceder a un emprego. Os obradoiros estiveron dirixidos especialmente a colectivos moi concretos como persoas en risco de exclusión, con discapacidade, menores de 30 anos e mulleres.

O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ourense, onde estivo presente o alcalde da cidade, Jesús Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button