DeportesÚltima hora

O Club Voleibol Ourense recibe este domingo ao líder da liga nacional feminina

O partido comezará ás 12h. na cancha do pavillón O Pompeo de Ourense

Mañá, domingo 10 de decembro, a cancha do pavillón O Pompeo de Ourense acollerá o partido correspondente á 10ª xornada da primera división nacional de voleibol feminina, entre o o Hemisferios Ribeira Sacra e o Voleibol Sestao, líder da clasificación.

O encontro, que se disputará ás 12h. pretende ser “unha festa para os afeccionados ao voleibol xa que nos visita o único equipo invicto ata o momento na competición e claro favorito ao ascenso directo, que ganou todos os partidos disputados e só cedeu catro sets nas nove xornadas de liga”, aseguran dende o CV Ourense.

O club ourensán súmase ademais á acción solidaria “Operación Quilo” que cada Nadal organiza a asociación xuvenil Amencer e convida a todos os seus afeccionados, a levar alimentos non perecedoiros ao partido. Produtos como arroz, pasta, legumes, aceite, conservas ou leche serán recollidos por voluntarios do clubna entrada do polideportivo.

Artigos relacionados

Back to top button