A banda de música folk presentará en directo o seu terceiro disco de estudo “Bicos con luvas”
Nas vindeiras semanas Coanhadeira ofrecerá unha serie de concertos para dar a coñecer o que será, tras “Haique” e “Po”, o seu terceiro disco de estudo. Titulado “Bicos con luvas” o álbume recolle un total de once temas entre composicións propias e novas versións de cancións tradicionais. O público atopará nesta nova entrega discográfica unha Coanhadeira que lle dá continuidade ao seu traballo anterior e amosa a súa evolución artística desde a súa creación en 2006.
O primeiro concerto de presentación foi en Santiago de Compostela e o segundo será o vindeiro venres 27 de marzo ás 20:30h. no Teatro Principal de Ourense. As entradas custan 5 euros.