EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A colleita 2016 da D.O. Monterrei calificada como “excelente”

Panel da Cata de Calificación da colleita 2016 na D.O. Monterrei.

 

Na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei celebrábase na mañá do 27 de abril a Cata de Calificación da Colleita do 2016. Nela a citada añada obtiña a calificación de “excelente”. O panel de cata salientaba a “diversidade, complexidade e aromas de carácter froital en brancos, mentres que en tintos existe unha maior amplitude de expresións”.

Na cata sometíase a valoración  unha reprsentación proporcional dos viños da denominación de orixe. “A nota final ten sido o cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de tintos, como de brancos. Finalmente esta puntuación trasládase a unha táboa de correspondencias onde se obtén a calificación de colleita”, segundo se indica dende o CRDO Monterrei.

 

Un dos momentos da cata.

 

O panel de cata, formado por sete persoas , era transversal e contaba con membros de distintos sectores de produción, certificación, divulgación e comercialización do viño. Os seus integrantes eran:  Aurelio Vázquez (vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia ‘Gallaecia’), Begoña Gómez (Panel Oficial del CRDO Monterrei), Constantino Iglesias (presidente de la Asociación Gallega de Catadores),  Luis Paadin (Guía de Vinos y Destilados de Galicia), María Ángeles Rodríguez (Xornal O Sil), Maribel Gómez (Asociación Galega de Enólogos) e Rebeca André (Panel Oficial del CRDO Monterrei).

Tras a cata os membros do panel foron recibidos polo presidente do CRDO Monterrei, José Antonio Da Silva.

 

Artigos relacionados

Back to top button