En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Colócase o Belén de Trevinca, o teito de Galicia, coas primeiras nevadas

Esta actividade, na que participaban unhas 17 persoas, ten sido promovida polo Club de Montañismo “Montañas de Trevinca” (A Veiga)

Coincidindo coa chegada das primeiras neves deste outono, o Club de Montañismo “Montañas de Trevinca” (A Veiga) organizaba unha ascensión para colocar o tradicional “Belén de Trevinca” no punto máis alto da comunidade galega: Pena Trevinca, 2.127 m.

Unhas 14 persoas participaban nesta actividade que permitía gozar dos cumes do macizo completamente cubertos de neve. Os participantes saían dende Vilanova e, tras subir ao cume e instalar o belén, comían para, de seguido, iniciar o descenso. En conxunto invertían oito horas e media en realizar a actividade, que concluía cunha merenda na que compartían, relaxadamente, as súas experiencias e valoración desta actividade de montaña e natureza.

Fotos: Club de Montañismo “Montañas de Trevinca” (A Veiga).

Artigos relacionados

Back to top button