OurenseÚltima hora

A Comandancia da Garda Civil de Ourense celebra o Pilar

Os actos arrancaron coa tradicional misa na Catedral de San Martiño da capital e logo coa celebración protocolaria na Comandancia de Ourense

Día solemne para a Garda Civil. O 12 de outubro o instituto armado honra á súa patroa por toda España, a Virxe do Pilar, e na comandancia de Ourense tamén se sucederon os actos característicos deste sinalado día para o corpo.

A xornada arrancou cara ás doce da mañá coa misa solemne na catedral de San Martiño de Ourense. Unha misa oficiada polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, que se referiu na súa homilía ao traballo levado a cabo pola Garda Civil en Cataluña.

Tras iso, os axentes trasladáronse cara á comandancia de Ourense para continuar coas cerimonias protocolarias. Personalidades políticas, civís, familiares etc. acudiron a esta cerimonia que arrancou coa entrega de medallas ao mérito da Garda Civil. Unha delas foi a parar para o axente da Guardia Nacional Republicana de Portugal (GNR), Fernando da Rocha Márques.

Tras iso, foi a quenda dos discursos do Tenente Coronel de Ourense, Manuel Javier Novo Colldefors, e do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro. Ambos os dous foron os encargados de presidir o acto.

O acto continuou coa tradicional ofrenda floral en honra dos axentes caídos en servizo. Ofrenda que realizaron tanto o Tenente Coronel como o subdelegado do Goberno.

O acto concluíu cos himnos da Garda Civil e de España, respectivamente, e cos axentes rompendo filas e desfilando cara ao exterior da Comandancia.

Fotos: Carlos Asensio.

Todo sobre as intervencións do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o Tenente Coronel Manuel Javier Novo Colldefors durante o acto na seguinte ligazón:
https://osil.info/tenente-coronel-colldefors-aumentaron-os-delitos-patrimonio-ameazas-de-seguridade-viaria/

Máis información e fotos sobre a celebración do Día do Pilar na provincia:
https://osil.info/garda-civil-da-rua-celebra-virxe-pilar/
https://osil.info/garda-civil-barco-honra-sua-patroa/

Artigos relacionados

Back to top button