En portada

Comeza a rodaxe da nova película do valdeorrés Ignacio Vilar en Sabucedo

Titularase “SICIXIA” e do seu elenco de actores forman parte Monti Castiñeiras, Marta Lado e Tamara Canosa
O director do filme, Ignacio Vilar, durante un momento do inicio da rodaxe no curro de Sabucedo./ Foto: Sindo Novoa.
O director do filme, Ignacio Vilar, durante un momento do inicio da rodaxe no curro de Sabucedo./ Foto: Sindo Novoa.

Na tradicional Rapa das Bestas no curro de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) principiaba a rodaxe do que será a nova longametraxe do director valdeorrés Ignacio Vilar. Levará por título “SICIXIA” e estará protagonizada por Monti Castiñeiras, Marta Lado e Tamara Canosa.

Segundo se adianta, trátase dunha “historia para escoitar a vida na Costa da Morte”. De aí a escolla do curro e do ritual da rapa, xa que un dos protagonistas deste filme será esta zona costeira a través das súas paisaxes, as súas tradicións, a súa xente… A rapa das bestas “pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte”, segundo explican dende Via Láctea Filmes.

O equipo desenvolvía esta primeira fase da rodaxe entre os días 3 e 6 de xullo. Tomaban imaxes tanto de actuacións como a da agrupación folclórica Tequexeteldere, como da rapa das bestas, contando con cámaras entre o público e na parte inferior do propio curro, no que se chegan a introducir entre 300 e 400 cabalos.

Os cámaras do equipo de Vilar tomando imaxes da actuación da agrupación folclórica Tequexeteldere./ Foto: Sindo Novoa.
Os cámaras do equipo de Vilar tomando imaxes da actuación da agrupación folclórica Tequexeteldere./ Foto: Sindo Novoa.

O acto da rapa, que comeza co acurramento dunha parte das bestas, non consiste só en cortar as crinas, senón que inclúe a previa aloita corpo a corpo (home-besta) e a inmobilización do animal. Os aloitadores collen un cabalo e loitan co el (dous van á cabeza e un ao rabo), nun ritual herdado de xeración en xeración e no que unicamente empregan a súa forza.

No curro de Sabucedo chegan a xuntarse entre 300 e 400 cabalos./ Foto: Sindo Novoa.
No curro de Sabucedo chegan a xuntarse entre 300 e 400 cabalos./ Foto: Sindo Novoa.
Os aloitadores loitando cun dos cabalos neste antergo ritual. /Foto: Sindo Novoa.
Os aloitadores loitando cun dos cabalos neste antergo ritual. /Foto: Sindo Novoa.

A rodaxe deste proxecto prolongarase ata abril de 2016. Nel empregarase o cinema dixital, o que lle permitirá ao director “experimentar con fórmulas narrativas innovadoras para que as nosas historias sigan a cautivar espectadores dentro e fóra das nosas fronteiras”.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button