ConcellosÚltima hora

Comezan as obras da estación de autobuses do Barco

Centrarase en traballos nas instalacións e nos sistemas de información
Entrada á estación de autobuses do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Entrada á estación de autobuses do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

As obras de mellora da accesibilidade, das instalacións e sistemas de información na estación de autobuses do Barco comezarán o 20 de agosto. Así o vén de anunciar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Esta intervención está enmarcada no Plan Renove de estacións de autobuses para 2013-2016 e centrarase na estación barquense en traballos nas instalacións e nos sistemas de información. Tamén se repararán as baixantes e acometidas á rede de pluviais, as humidades existentes nos paramentos mediante lixado, pasteado e pintado das zonas afectadas e se limpará a rede de saneamento da dársena e do edificio. Ademais executarase a reparación do rótulo electrónico informativo na zona da dársena e colocarase un monitor informativo na zona da dársena, segundo se informa dende a consellería.

Esta actuación, xunto coas que se levarán a cabo na estación de Xinzo de Limia, prolongaranse por un período de dous meses e investiranse máis de 25.000 euros. No caso da estación de Xinzo, cuxos traballos se desenvolverán a continuación, potenciaráns os accesos para aquelas persoas con mobilidade reducida, a través do pintado de prazas de aparcamento no exterior da estación e a colocación da correspondente sinal informativa. Ademais melloraranse os pasos de peóns remarcando o seu trazado e poñendo dúas sinais.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button