Monográfico Entroido 2012Monográficos

Con desfiles e concurso en Trives

O Luns e o Martes de Entroido
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O Entroido é unha festa sen idade. Nela involúcranse e desfrutan dende os meniños ata os máis maiores. Nesa liña vai o programa de Trives para estas datas, que se iniciará co Carnaval UPD na mañá do 12 de febreiro na Casa da Cultura. Ese mesmo día terá lugar o encontro de folións que organiza a Asociación Os Labregos en colaboración co Concello de Trives.

O día 20, Luns de Carnaval, os protagonistas serán os cativos. Haberá un desfile e unha festa infantil de disfraces na praza do Reloxo ás 16:30h., que rematará cunha gran chocolatada. Xa o Martes de Entroido, as rúas encheranse de novo de cor e son. Será no desfile que partirá ás 17:00h. da praza do Concello de Trives. Estará encabezado polas comparsas e nel poderá verse de novo aos catro folións do municipio.

Ao remate da festa haberá un pincho para os participantes. Ademais, as bases do desfile organizado polo Concello establecen cinco premios: o 1º de 80 euros, un 2º de 60 euros, o 3º de 50 euros, o 4º de 30 euros e un 5º de 25 euros. Os folións de 25 ou máis compoñentes recibirán 100 euros.

Texto: Ángeles Rodríguez      Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información no Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button