PolíticaÚltima hora

Concelleiros e exconcelleiros do PP de Ourense celebran a Xuntanza Odilo Masid

Esta comida serve para conmemorar a memoria deste concelleiro popular falecido en 2012 e precursor do evento
A xuntanza celebrouse no restaurante As Caldas, en Ourense.

Máis dunha trintena de concelleiros e concelleiras do Partido Popular, que formaron parte da corporación municipal de Ourense dende a democracia, comeron hoxe, 15 de decembro, no restaurante Adega das Caldas, na capital, para celebrar a tradicional Xuntanza Odilo Masid.

Os edís celebran esta cita para conmemorar a memoria deste concelleiro ourensán, falecido en 2012 e impulsor desta tradicional cita dos representantes populares da cidade.

Entre os presentes, estivo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; as actuais concelleiras de Cultura e Xuventude, Sofía Godoy e Belén Iglesias. O concelleiro de Promoción Económica e Termalismo, Jorge Pumar; o actual vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández e o ex presidente da Deputación, José Luis Baltar, entre outros.

Foto de grupo dos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button