SanidadeÚltima hora

O Concello do Barco avaliará en comisión a reforma da Lei de Saúde galega

Ademais a Plataforma Sanitaria de Valdeorras vén de convocar unha asemblea aberta o 16 de agosto na vila barquense para valorar o anteproxecto e tomar decisións ao respecto
Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras.

Con preocupación se recibe en Valdeorras o anteproxecto que modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Para analizar os efectos que o devandito anteproxecto podería ter na comarca o Concello do Barco reunirá o vindeiro 16 de agosto ás 13:30h. á Comisión de Servizos Sociais.

Tamén se abordará a resposta ao escrito que a Xunta de persoal do Hospital Comarcal Valdeorras lle dirixía aos concellos da área sanitaria do Barco sinalando os cambios que pode supoñer para a zona a nova lei, que “permitiría ao goberno establecer por decreto divisións territoriais distintas ás áreas sanitarias, distritos e zonas sanitarias en base a uns supostos recursos dispoñibles ou a decisións políticas, variando en calquera momento a organización sanitaria”, segundo o citado escrito.

Por outra banda, tamén o día 16 de agosto, pero ás 18h., terá lugar unha asemblea aberta da Plataforma Sanitaria de Valdeorras coa finalidade de avaliar o devandito anteproxecto. Será no edificio multiusos do Barco

Artigos relacionados

Back to top button